lunes, 1 de diciembre de 2008

O noso dereito á folga

O pasado mércores, día 22 de novembro, houbo folga no IES Ponte Caldelas pola revindicación do galego impartido nas clases. Esta folga foi convocada po María Xosé, unha compañeira do IES, e ao seu chamamento acudiu un número de 50 persoas, pero, a pesar da presencia deste alumnado, os profesores non estaban nada de acordo. Uxío, o xefe de estudos, dixo que pola súa parte non había folga, aínda así, neste instiuto hai moito romántico e algúns acudiron á folga.
A organización correu a cargo de María e tiña apoio dos medios de comunicación, posto que ía vir a televisión a grabar a escena da folga.
Eu asistín; pola miña parte o galego, sabendo que estamos en Galiza, paréceme correcto que impartan as clases en galego, e o di un castelánfalante...e sei que outros faltan, asisten á flga polo motivo de faltar a clase e pasar un bo rato cun par de amigos, 49 aproximadamente...e non teño moi claro que sexa un método eficaz, pero haberá que comprobalo...se fai algún efecto terá que haber máis folgas por outros motivos se merece a pena. Temos dereito se queremos facelo, pero fagámola de verdade, que non sexa isto unha parodia en vez dun chamamento á liberdade de cada galego para falar na lingua da terra.

3 comentarios:

tania c. dijo...

Eu tamen creo que non vai ser eficaz facer folga porque moita xente vai soamente por perder clase.

Jandry dijo...

Eu estou moi deacordo com tigo;a maioría da xente vai á folga por perder clase.Eu tamén son casteláfalante pero gustaríame falar galego ainda que non me sinto moi a gusto cando o fago, pero é a nosa lingua!!!

steffiikat dijo...

ola chicos..a mi tambien me parece bien que dan las clases en gallego pero para personas como yo es un poco dificil...a lo mejor la folga no estaba muy bien preparada pero dercho para hacerlo tenemos todos...es lo que creo yo...
besos - Steffy